Va mejorando nuestro blog??

domingo, 2 de marzo de 2008

As galaxias son os bloques básicos que forman o Universo.

As galaxias espirales como a Vía Láctea conteñen millóns de estrelas que interactúan unhas coas outras a través da atracción gravitatoria.







FOTO: imaxen das rexións centrais dunha galaxia espiral moi semellante a Via Lactea que captou a telescopio Hubble, un poderoso instrumento que xira ó redor da Terra.


As galaxias estan formadas por estrelas, o sol é un exemplo dela, esta é moi importante para nos, xa que está moi cerca nosa e danos luz e calor, pero non deixa de ser unha estrela dentro dunha galaxia.
As estrelas non estan quietas, están en movemento, teñen un movemento circular, xiran ó redor do centro da galaxia, xa que si estas parasen nalgun momento a forza da gravidade as arrastraría ata o centro da galaxia. Esto mesmo pasaríalle a Terra e ao resto dos planetas do sistema solar, no momento no que non houbera unha forza que fai que xiren ó redor do sol a gravidade faria que estes caeran hacia o sol.

Para estudar o movemento dos planetas ó redor do sol utilízase as leis de Newton, pois estas tamén se utilizan para estudar o movemento das estrelas, fan orbitas circulares o elipticas ó redor do centro da galaxia. As estrelas que esten máis afastadas iran máis despacio e tardaran máis en dar unha volta completa, e as que esten máis cerca iran máis rapido e tardaran menos en completar unha volta.
En 1975 logrouse observar algunhas galaxias entre elas a Via Lactea, e decataronse de que as estrelas máis afastadas teñen unha velocidade moito maior que a que se supon que teñen por la lei de Newton. Isto ocurre en algunhas galaxias que se estudaron. Isto non se sabe porque.

Os astrofisicos teñen dúas teorias:

-A primeira é que na galaxia hai moita máis materia da que podemos ver que teñe unha gran forza gravitatoria sobre as estrellas externas, por iso estas van tan rapido.
Isto sería aceptar a teoría da materia oscura no Universo.

-A segunda teoría é que a lei de Newton e a de Einstein non serven para estas estrellas externas. Pero esto implica que unha lei básica é incorrecta.

As dúas ideas son revolucionarias para a física.

No hay comentarios: