Va mejorando nuestro blog??

domingo, 13 de abril de 2008

AVANCES NOS COÑECEMENTOS DA ESTRUCTURA DO UNIVERSO.

Eudoxio introduxo a xeometría no estudio da astronomía. O sistema de Eudoxio explicaba os movementos celestes mediante o xogo de 26 esferas que xiraban arredor da Terra, esta estaba quieta e inmovil. Na ultima esfera puso as estrelas fixas. 20 esferas para os 5 planetas coñecidos ata entonces (Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno), 3 para o Sol e 3 para a Lua. O sistema proposto por Eudoxio toma o nome de esferas homocéntricas.
Calipo, discipulo de Edoxio, posteriormente modificouno. Calipo cambiou o número de esferas por 33. Parece que Eudoxio e Calipo pensaban nas esferas como un recurso xeométrico, carente de consitencia física, inventado só para explicar e prever o movemento dos corpos celestes.




SISTEMA DE EUDOXIO. ESFERAS HOMOCÉNTRICAS.



Aristóteles foi un dos primeiros que propuxo argumentos sólidos en contra da teoria sobre que a Terra fose plana, facendo notar que as estrelas parecen que cambian de posición no horizonte dependendo da parte da Terra onde as observes. Esto pode ser posible se a Terra é redonda pero se esta é plana non cabe posibilidade de que esto poda ser certo.
Aristóteles fixouse que nos eclipses de Luna, é dicir, cando a Terra tapa a luna, cando se pon diante de ésta, a liña do cono de sombre é curva.

Elaborou un modelo propio do Universo basandose no modelo xeocentrico de Eudoxio que foi modificado posteriormente por Calipo. A diferencia de Eudoxio e de Calipo, Aristóteles pensa que as esferas rodean realmente a Terra. No intento de explicar o movemento planterario Aristóteles pensou nunha forza divina, que transmitía os seus movementos a todas as esferas dende a máis externa, o esfera das estrelas fixas, á máis interna, o esfera da Lua.

Pero esto fixo que o número de esferas aumentara de 33 a 55 todas relacionadas entre si.




MODELO DE ARISTÓTELES.



Aristóteles co seu modelo non foi capaz de explicar o retroceso aparente que describen alguns planteas vistos dende a Terra. Polo que Tolomeo no século II d.C introduce os epiciclos ó modelo xeocéntrico de Aristóteles.
O que Tolomeo di é que o planeta encóntrase sobre un círculo, o epiciclo, e xira con movemento uniforme arredor do seu centro, que esta a súa vez disposto nunha segunda circunferencia, o deferente, o cal e recorrido tamén en movemento uniforme. O centro da traxectoria deferente coincide coa Terra. Este modelo mantuvose durante moito tempo.




EPICICLOS E DEFERENTES.



No século XVI, Cópernico presentou un módelo no que o Sol e non a Terra era o centro. O modelo de Tolomeo, no que a Terra era centro, mantuvose ata este século.

Copérnico plantexou e discutiu o modelo heliocéntrico na súa obra "De revolutionibus orbium caelestium" que publicouse xusto antes da súa morte en 1543.
A teoría de Copérnico dicía que a Terra xira unha vez o día sobre si mesma, e unha vez o ano arredor do sol. Ademas afirmaba que a Terra no seu movemento rotatorio inclinábase sobre o seu exe.
Este modelo aun mantenía cosas da anterior cosmoloxía. Seguía mantendo que os planetas estan dentro de esferas e que na última esfera atópanse as estralas fixas. O modelo de Copérnico é coñecido como modelo heliocéntrico.




MODELO DE COPÉRNICO.
MODELO HELIOCÉNTRICO.



Galileo Galilei investigando con un telescopio observou varias cousas:



-Montañas na Lua semellantes ás da Terra.
-Manchas na superficie solar que contradecían a teoría da perfección dos astros por encima da Lua.
-Cutro satélites que xiraban arredor de Xúpiter, de forma similar a como o fai a Lua arredor da Terra.
-As fases de Venus: crecente,menguante...



Galileo non estaba dacordo co modelo de Tolomeno, xa que o que descubrera facialle pensar que Copernico tiña razón. Galileo perdeu o medo e anuncia ó mundo os seus descubrimentos nun libro que titulou "Sidereus nuncius".
Recibe apoio dos Duques de Toscana, pero a igrexa non lle conviña esta teoría, xa que na biblia cóntase como Deus parou o Sol para permitir a guerra que continuase a batalla dos israelitas, ó mando de Josue, contra os filisteos. Pero si se acepta a teoria do heliocentrismo é ir contra a igrexa, xa que se o Sol non se move, se a que se move é a Terra esta historia non tería ningun sentido.
Galileo quere facer entender a igrexa de que tamén hai o libro da Natureza (da ciencia), e que éste al igual que a Biblia o fixo Deus, e que na Blibia utilízanse metáforas. Pero a igrexa non acepta isto, acusando a Galileo ante a Inquisición. Pídenlle que abandoe as ideas Copérnicas. E poñen os libros de Copérnico no indice de Libros Prohibidos. E declárase:


"... que o sol está no centro do Mundo e que a Terra non o sea e que non esté inmóvil é unha teoría absurda en filosofía e herética en canto á verdade teolóxica".


Galileo retírase prodentemente da vida pública ata que chegen tempos mellores.



Retractación de Galileo (junio 1633):


[...] teniendo ante os meus ollos os Santísimos Evanxelios e poñendo sobre ellos a miña propia man, xuro que sempre crin, creo agora e que, coa axuda de Deus, creeré no futuro todo o que a Santa Iglesia Católica manteñe, predica e ensina. Pero como eu, tras ser amonestado por este Santo Oficio a abandonar completamente a falsa opinión de que o Sol é o centro inmóvil do universo, e que a Terra non é o centro do universo e movese, e a non soster, defender o ensinar de ningunha maneira, nin oralmente nin por escrito, a mencionada falsa doctrina; e tras serme notificado que dicha doctrina é contraria ás Santas Escrituras, escribí e di á imprenta un libro no que trato de dicha doctrina xa condeada, e presento argumentos de moita eficacia no seu favor, sin chegar a ningunha conclusión: fue hallado vehementemente culpable da herexía, é dicir, de manter y crer que o Sol é o centro inmóvil do universo, e que a Terra non está no centro do universo muevese. Sin embargo, desexando eliminar das mentes das vosas Eminencias e de todos os fieis cristiáns esta vehemente sospecha razonablemente concebida contra mí, abxuro con corazón sincero e piedad no finxida, condeno e detesto os ditos erros e herexías, e xeralmente todos q cada un dos erros e sectas contrarios á Santa Igrexa Católica [...]






Nesta imaxe compárase a teoria de Copérnico e a de Tolomeo. O debuxo a) é o modelo de Copérnico no que o Sol está no centro. E o b) é o de Tolomeo no que a Terra atópase quieta no centro. No de Tolomeo Marte, Venus e Mercurio móvense nun epiciclo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
eloy dijo...

moi boa entrada, pero espero que a próxima vaia dende Galileo ata os últimos descubrimentos do século XXI


(borrade o comentario anterior, creo que leva a unha páxina que instala un virus no ordenador daquel que a visita)